Boas prácticas

A consecución da igualdade real e efectiva de trato e de oportunidades para as mulleres no mundo laboral, precisa dun conxunto coordinado de diversas actuacións, unhas do Estado e outras da propia sociedade civil vertebrada a través de organizacións de carácter público e privado.

Deste xeito a exposición dos motivos da Ley Orgánica 3/2007 do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, dispón que ésta pretende promover a adopción das medidas concretas a favor da igualdade de empresas, situándoas no marco da negociación colectiva, para que sean as partes, libre e responsablemente, as que acorden o seu contido.
 
Contar cunha maior e mellor presenza das mulleres, en todos os sectores económicos, é unha cuestión de xustiza social, e tamén unha demanda de eficiencia e de rentabilidade económica.
 
Unha boa práctica de integración da perspectiva de igualdade, no ámbito laboral, debe englobar accións que contribúan a unha maior igualdade entre mulleres e homes en calquera área de intervención e, ademais, debe ter resultados perceptibles. Constitúen unha ferramenta moi útil porque permiten que as empresas, os axentes sociais, as Administracións e a sociedade en xeral coñezan as experiencias exitosas realizadas para promover a igualdade e poidan aplicalas no seu propio ámbito de actuación, de forma que se:

  • desenvolvan políticas e programas de igualdade entre  mulleres e homes
  • promova a representación e participación igualitaria de homes e mulleres en organismos representativos e nos procesos de toma de decisión;
  • aseguren cambios positivos cara a unha maior igualdade de xénero no emprego e nas oportunidades de emprego para os traballadores de ambos sexos.